Sonoaire
son no aire, son nás rúas, música na vila…
O festival é totalmente gratuito, e consta de 7 concertos que terán lugar en diferentes rúas e prazas de Redondela. O venres 13 tocarán San Rockers, Blue Monk e BestLife, e o sábado 14 actuarán BlackBirds, La Banda de Mazinger, Greenwater e Cherry Sweet.
Unha cita chea de música na que as rúas e prazas da Vila dos Viadutos se convertirán nos escenarios dunha xornada inesquecible. O artistas convidados nos farán vibrar a través de diversas propostas e dunha gran variedade de estilos, orientados dende o público infantil ata o máis adulto, pasando polo pop, o indie, o rock, o soul e o jazz.
Artistas
Programa
Venres, 13 xullo 2018
# | Lugar | Artista | Hora |
---|---|---|---|
1 | Pza. de Santiago | San Rockers | 20:00-21:00 |
2 | Pza. de José Figueroa | Blue Monk | 21:30-22:30 |
3 | Pza. da Constitución | BestLife | 23:00-00:30 |
Sábado, 14 xullo 2018
# | Lugar | Artista | Hora |
---|---|---|---|
1 | Pza. de Ponteareas | BlackBirds | 18:00-19:00 |
2 | Casto Sampedro | La Banda de Mazinger | 19:30-20:45 |
3 | Pza. de José Figueroa | Greenwater | 21:15-22:30 |
4 | Pza. da Constitución | Cherry Sweet | 23:00-00:30 |