Blue Monk

Blue Monk

Blue Monk

NIGRÁN |

Esta banda ofrece un espectáculo musical moi dinámico e diferente, revivindo os grandes clásicos da música moderna e facendo gozar ao público cunha gran interpretación dos mesmos.

O seu repertorio comprende estilos que van desde o jazz e o swing máis clásico ata o pop-pock actual e rock&roll máis esixente, pasando polos grandes éxitos da historia da música, incluíndo versións de Led Zepellin, Lenny Kravitz, Rolling Stones, etc.

O grupo conta cunha gran experiencia profesional e unha solvencia musical contrastada, sendo a alma musical de numerosos eventos e concertos.