Sonoaire

son no aire, son nás rúas, música na vila…

O festival é totalmente gratuito, e consta de 7 concertos que terán lugar en diferentes rúas e prazas de Redondela. O venres 28 tocarán Aretha Franklin Tribute, BlackStereo e Broken Peach, e o sábado 29 actuarán La Patrulla, Spanish Castle Magic, Crónicas Pop e Moon Cresta.

Unha cita chea de música na que as rúas e prazas da Vila dos Viadutos se convertirán nos escenarios dunha xornada inesquecible. O artistas convidados nos farán vibrar a través de diversas propostas e dunha gran variedade de estilos, orientados dende o público infantil ata o máis adulto, pasando polo pop, o indie, o rock, o blues e o soul.