La Banda de Mazinger

La Banda de Mazinger

La Banda de Mazinger

VIGO |

La Banda de Mazinger fórmase en Vigo a finais de 2012 co nome Los Casi 80, nas jam session organizadas en El Jardín de María, cando coincidían os integrantes dos grupos La Banda del Alma e Brazil Love Affair, e nas que se facían versións de rock en español, co público participando e cantando eses vellos temas coñecidos por todos e que sempre levaban a un sorriso de recordo e alegría aos asistentes.

Dada a boa acollida dos primeiros concertos ofrecidos, o grupo decide consolidarse como banda de versións de pop-rock dos 80, creando un repertorio con temas de Miguel Ríos, El Último de la Fila, Alaska, Joaquín Sabina, Rosendo, que nos levan á unha época dourada da música española.