Cherry Sweet

Cherry Sweet

Cherry Sweet

VIGO |

Unha volta dende os anos 50 ata a actualidade coas harmonías vocais destas tres grandes cantantes galegas, que nos fan viaxar a outros tempos, cheos de glamour e swing.

As tres voces de Sandra, Laura e Sabela, acompañadas de guitarra, baixo e batería, repasan os grandes clásicos dos 50 ata hoxe, impregnándolles o seu característico son e elegancia.

Nas súas actuacións atoparemos clásicos como Tina Turner, artistas dos oitenta como Madonna, ata outras propostas máis contemporáneas como Meghan Trainor e Adele.

Unha viaxe pola historia musical popular, cheo de cancións ben coñecidas para todos os públicos.

Cun ambiente desenfadado, Cherry Sweet caracterízase polos seus concertos movidos e animados, nos que apetece levantarse do asento e botarse a bailar cos seus ritmos.