Spanish Castle Magic

Spanish Castle Magic

Spanish Castle Magic

VIGO |

Banda tributo a Jimi Hendrix formada por tres músicos profesionais cunha ampla traxectoria en diferentes campos musicais: concertos, arranxos, docencia, gravación en estudo, sonorización, etc.

​Para acadar o son Hendrix, Spanish Castle Magic traballou a conciencia ata conseguir reproducir fielmente a enerxía e o son orixinais do xenial músico americano, alcanzando con rotundidade que o espectador escoite á mesmísima Experience, con toda a forza, a espontaneidade e a calidade deste trío.

A alta demanda técnica e a intensa implicación emocional que require este repertorio, esixe aos tres músicos unha interacción constante para recrear o estilo tan audaz e persoal de Jimi.​

O grupo está avalado por centos de actuacións ao longo da nosa xeografía.