Aretha Franklin Tribute

Aretha Franklin Tribute

Aretha Franklin Tribute

VIGO |

Aretha Franklin Tribute Band é unha homenaxe á gran cantante e pianista, considerada a raíña do Soul.

A banda, formada en Vigo, está composta de cinco músicos con gran experiencia en todo tipo de formacións: Noelia Álvarez (voz), Paco Dicenta (baixo), David Outumuro (batería), Adrián Blanco (teclados) e Adolfo FH (guitarra).

O repertorio, baseado principalmente en temas de Aretha Franklin, complétase con algún que outro chisco a Fontella Bass, Stevie Wonder ou Wild Cherry.

Toda unha experiencia musical coa que revivir a época dourada do soul, o blues e o funk, viaxando da man dunha das grandes divas da música moderna.