REDONBLACK

REDONBLACK

REDONBLACK

VIGO |

RedOnBlack ofrece un espectáculo pouco habitual, cun estilo “swing” pegadizo e moi rítmico, que chega contaxiosamente aos espectadores dos seus concertos.

A formación está composta por músicos de experiencia habituados a lidiar en circunstancias “jazzísticas”, que se xuntan neste proxecto para facer unha proposta persoal sobre a maneira de entender a música, máis orientada ao funk e o disco, acadando un son cheo de “groove”, sen olvidar a improvisación, e que convida ao movemento e o baile.

Entre o seu repertorio atoparemos clásicos de Bobby Hebb ata contemporáneos coma Daft Punk, pasando polo funk de Jamiroquai, a maestría de Michael Jackson e moitos máis.

Un show cargado de orixinalidade, talento e ritmos bailables, que farán vibrar ao público coas súas notas.