Moon Cresta

Moon Cresta

Moon Cresta

VIGO |

MOON CRESTA é o resultado de sumar o esforzo, destreza, creatividade e entrega de catro músicos baixo o emblema de “Power & Funk”.

Os pilares de MOON CRESTA son Manu “Doble L” (guitarra), Sergio “Sir” Puga (batería), David “Mr. D.” Vázquez (voz e teclados) e Antón F. “Piru” (baixo). A sinerxia existente entre eles é o argumento máis poderoso dos seus concertos, nos que defenden as cancións dos seus tres discos de estudo.

​MOON CRESTA obtiveron un recoñecemento e respaldo mediático avalado polas súas aparicións en espacios radiofónicos como “Los conciertos de Radio 3”, “180 grados”, “Hoy empieza todo”, “Turbo 3” de Radio 3; así como unha importante difusión en Cadena 100, Cadena Ser, Radio Televisión Galega, etc.