CARAMUXO VERMELLO

CARAMUXO VERMELLO

CARAMUXO VERMELLO

REDONDELA |

A súa música recoñécese por un alto contido teatral, unha sonoridade novidosa e un estilo progresivo caracterizado por ritmos arriscados, melodías evocadoras e letras poéticas con pinceladas de humor. Neste espectáculo os temas musicais forman parte dunha viaxe que, a través dos músicos-bonecos, serán introducidos con presentacións titiralizadas.

Os intérpretes comezan a súa viaxe entre o público, na procura de Caramuxiño, ata chegar á súa ubicación e comezar así o concerto.

O público é partícipe do show de comezo a fin, ata o punto de convidar a algúns espectadores a tocar unha peza coa banda.

Toda unha fabulosa experiencia para a rapazada!!