SOUL & ROLL

SOUL & ROLL

SOUL & ROLL

OURENSE |

Dueto en acústico formado por Miguel Araújo á guitarra e Tamara Pérez como voz solista, que comeza a súa andadura musical no ano 2013. Unha proposta diferente á que o público
está acostumado, pois son algo máis que unha guitarra e unha voz.

O repertorio é totalmente coñecido, elexido coa intención de que o público se divirta e disfrute da música en directo.

Algúns dos estilos que abarcan son o rock, o pop, o soul ou o blues, interpretando temas de grandes artistas coma Police, U2, Bruno Mars, Bon Jovi, etc.

Tampouco faltan nunca nos seus concertos as súas composicións propias, coas que Soul & Roll xa obtivo importantes recoñecementos en festivais e concursos musicais da nosa comunidade.