San Rockers

San Rockers

San Rockers

BAIONA |

Este xoven grupo inicia o seu proxecto musical no verán de 2012, pero non é ata o ano 2015 cando empezan a darse a coñecer coas súas primeiras composicións e cos seus concertos como residentes en certos locais musicais.

Actualmente están a presentar os temas que se inclúen no seu traballo de debut, cheo de cancións frescas e directas de pop rock en castelán que conectan co oínte nunha primeira escoita. “Princesas”, “Espacio Exterior” ou o seu primeiro single “Winchester” dan boa conta do potencial desta banda viguesa.

O grupo está formado por Rubén Pereira, compositor das letras, voz e guitarra rítmica, Adrián Rodríguez “ Champi” á batería, Javier Menduiña Jr. ao baixo, Diego Tuña á guitarra solista e Martín ao teclado.