RAÚL & CÍA

RAÚL & CÍA

RAÚL & CÍA

PONTEVEDRA |

Os concertos de Raúl están basados nun repertorio de éxitos nacionais, no que nunca faltan o flamenco, a rumba e o pop español.

Viviremos un percorrido por coñecidas cancións de grandes artistas coma Joaquín Sabina, Rubén Blades, Alejandro Sanz, Pablo Milanés e moitos máis.

Cun ambiente desenfadado, Raúl e os seus músicos caracterízanse polos seus concertos movidos e animados, nos que apetece levantarse do asento e botarse a bailar cos seus ritmos.

A banda ten unha gran experiencia traballando nas rúas de Pontevedra, onde son ben coñecidos por participar en numerosos eventos celebrados na capital.